Como é tradicional no penúltimo día do ano, a catedral de Santiago de Compostela é o escenario da “Translación dos restos do Apóstolo Santiago”. A Televisión de Galicia retransmite en directo este acto solemne, que lembra que, segundo a lenda, os restos de Santiago o Maior arribaron a Galicia desde Palestina no século I, despois de que o apóstolo fora decapitado.O oferente este ano, por delegación real, será o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices. Este acto é, xunto coa festividade de Santiago como Patrón de España, o 25 de xullo, o acontecemento relixioso máis importante do ano na basílica compostelá.