Galicia é unha potencia eólica. Polo tanto, xogamos un papel moi importante no cambio de modelo enerxético, máis limpo e sostible. Hoxe visitamos o concello de Somozas, moi preto de Ferrol, onde Siemens Gamesa conta cunhas instalacións especializadas na fabricación de pas para turbinas eólicas. En Sigüeiro, veremos como profesionais moi especializados restaruran centos de “multiplicadoras” cada ano procedentes de distintos paises. E para rematar, acabaremos no alto dun auténtico eólico para gozas das vistas máis espectactulares da costa muxiá.