Galicia conta con algúns dos portos máis importantes de Europa, onde a actividade nunca se detén. Os máis madrugadores son os profesionais da pesca que fornecen as lonxas de pescado e marisco. Pero non son os únicos, embarcacións de todo tipo precisan axuda para entrar ou saír do porto de forma segura e para abastecerse. Estamos no porto da Coruña. Falaremos con profesionais da lonxa, amarradores, salvamento marítimo, policía portuaria... Veremos como se organiza este xigante que move preto de 16 millóns de toneladas cada ano.