Científicos da Universidade de Newcastle, no Reino Unido, aseguran que poñerlles nome ás vacas aumenta a produción e a calidade do leite. A todos nos gusta que nos traten de maneira personalizada. Pois ás vacas tamén. Queredes saber que vida levan en liberdade e que produtos se elaboran co seu leite de pastoreo? Pois acompañádenos. Daremos unha volta polos pastos de Lalín e de Rodeiro e despois achegarémonos a dous centros de produción que Larsa ten en Galicia: a Vilagarcía, onde elaboran queixos e iogures, e a Outeiro de Rei, onde envasan o leite das vacas que pacen ceibas!