Ir á compra a un supermercado da nosa confianza é un hábito que forma parte das nosas vidas. Estamos afeitos a ver os produtos perfectamente organizados nos estantes. Pero sabemos de onde veñen, como se producen ou como chegan ata alí? Hoxe estamos en GADIS. Neste xigante galego da alimentación traballan 7.400 persoas. Falaremos con profesionais da carnicería, peixería; provedores, mercadores de produto... Do seu centro loxístico en Betanzos, saen diariamente máis de 2.000 toneladas de produtos con máis de 20.000 referencias distintas. Como conseguen organizarse? Ímolo ver!