“Top 10” dedica o programa aos sinais de identidade dos galegos e galegas, aquilo polo que somos coñecidos. Será pola chuvia, polo Camiño de Santiago, pola gastronomía ou pola nosa forma de ser?    Coa opinión da xente e a particular visión dos “expertos” do programa, que nesta ocasión son dúas caras moi televisivas, Xosé Antonio Touriñán e Fede Pérez, os espectadores da TVG poden coñecer as cousas polas que nos identifican aos galegos.