“Top 10” intenta descubrir cales son os mellores cantantes para os galegos. Cal é a voz elixida na rúa: Ana Kiro, Andrés Dobarro, Pucho Boedo ou galegos de adopción como Juan Pardo e Marta Sánchez? Coa axuda do presentador de “Luar”, Xosé Ramón Gayoso; de Alberto Cunha, o showman das mil voces, e de Tony Lomba, o “crooner” galego máis descarado, os espectadores  coñecen o artista que suscita máis admiración.