O espazo da TVG quere coñecer hoxe as dez tradicións máis valoradas. Será a matanza do porco polo San Martiño, as romarías, os seráns ou, pola contra, será a vendima ou a queimada? Para coñecer a importancia de cada unha delas, “Top 10” contará coa colaboración de expertos como Xerardo Santome, mestre antropólogo e musicólogo, bo coñecedor das nosas tradicións. Xunto a el estarán tamén Manuel Vilar, do Museo do Pobo Galego; e Antonio Reigosa, do Museo Provincial de Lugo.