O programa “Top 10” dedicado á empanada galega. A de carne, a de bacallau, a de polo, a de xoubas, a de zamburiñas ou a de congro? Os espectadores verán opinións para todos os gustos. Para que todo vaia sobre a “masa”, “Top 10” conta coa opinión de expertos como Benigno Campos, o cociñeiro “larpeiro”, e Javier González, un cociñeiro do Grupo Nove experto en empanadas.