No primeiro programa, os espectadores coñecerán hoxe a Ofelia e Julio, una parella retirada que, tras pasar anos emigrados en Francia, vive en Curantes unha segunda xuventude. " Todo queda na casa" descobre a pericia deste simpático matrimonio á hora de acertar as preguntas que Isi lles ten preparadas. A continuación, coñecemos o piso de deseño que a familia Méndez Fernández ten no centro de Lugo. Nesta familia numerosa, tanto as xemelgas como Raquel, a filla maior de Susana e Miguel, xogan un papel fundamental.