Luísa, veciña do Rosal, e Moncho, de Carballo, poden gañar ata 1.000 euros se convidan a pasar e lle amosan a súa vivenda ao equipo de “Todo Queda na Casa”, o concurso da TVG presentado por Eva Iglesias. Cantos tarros hai na terraza? De que cor son as toallas do aseo? Que hai sobre a mesa do comedor? Que número de teléfono está pegado na neveira? Ser un pouco observador pode axudar a calquera a conseguir o premio do programa, sempre e cando convide as cámaras a entrar na súa casa.