Na súa busca de concursantes, Eva Iglesias fai parada en Melide, onde encontra a Isabel, e en Cortegada de Baños, onde está Olga.Despois de deixar ver as diferentes estancias, a dinámica do concurso baséase nunhas preguntas coas que os residentes na vivenda amosan o coñecemento que teñen dos seus espazos, obxectos e accións. O programa aproveita, amais, para coñecer un pouco as persoas da nosa terra, cos seus costumes, manías e gustos. Coma sempre, ata o final de “Todo Queda na Casa” non se sabe se, nesta ocasión, alguén é quen de gañar o premio dos 1.000 euros.