O programa “Todo Queda na Casa” continuará hoxe amosando o coñecemento que cada quen ten dos seus espazos, obxectos e accións e aproveitando para coñecer os costumes, as manías eos gustos da xente. Na súa viaxe por Galicia na busca de concursantes que amosen as súas casas, oespazo da TVG achegarase hoxe a Arzúa e a Celanova, onde Eva Iglesias atopará dous concursantes de nivel. A primeira, unha nai de familia moi entusiasta e, en segundo lugar,un matrimonio que sempre está a remodelar a propiedade. A ningún deles lle viría mal oscartos, pero conseguirán o premio de 1.000 euros?