Eva Iglesias visitará nesta ocasión Silleda e Cortegada de Baños, municipio que deu moita guerra no programa “Land Rober”. Nestas localidades, o equipo de “Todo Queda na Casa” atopará dúas anfitrioas do mellor: unha malagueña con moito sentido do humor en Cortegada e unha muller en Silleda que pertence á cuarta xeración dunha familia de polbeiros.