A Televisión de Galicia estrea este luns o concurso “Ti verás”, un programa presentado por Rodrigo Vázquez no que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros. O diñeiro agóchase nas matruxas, unhas bonecas rusas que gardan no seu interior importantes cantidades de diñeiro. Os participantes deberán escoller oito das dez bonecas e contestar correctamente unha pregunta para poder abrilas. Cantas máis matruxas atopen no interior, maior será o premio. Responder mal unha pregunta ou abrir unha boneca baleira supón perder todo o acumulado ata o momento pero aí non remata o xogo. O “Ti Verás” é unha emocionante montaña rusa, nada está decidido ata a última rolda na que sempre é posible perdelo todo ou gañar unha auténtica fortuna.