Martín non deixa a Silvino entremeterse en asuntos veterinarios polo que o matarife decide volver a exercer de curandeiro para sobrevivir. Descubre que levantar "paletillas" e facer emplastos é moito mellor negocio có de matachín. Pero a hora da verdade vaille chegar cando Reme e Emilio lle piden un bebedizo para a tía de Reme que está a morrer. Se as herbas funcionan, Silvino, pódese converter no menciñeiro de máis sona da comarca, pero si fracasa, a parte da ruína terá que enfrontarse a Reme.
Fani empeza a pensar que foi un erro ir vivir con Martín, o único que comparten é cama e aluguer. Por outro lado, como en Miranda non se ve con bós ollos que vivan xuntos, Camilo, empeza a insistir que formalicen a relación. Ante esto Fani reaviva a relación para non darlle a razón ós parroquianos, o que Martín interpreta coma unha manobra para atalo curto e pedirlle que case con ela.
Camilo ten abandonada a Mediateca, cada vez semella máis un lugar onde ensaie a banda e os vellos xoguen ó parch