Carmela é expedientada polo colexio veterinario acusada de utiliza-la hormona ilegal. A maioría dos gandeiros perden a confianza nela e o gran parte dos cooperativistas pretende rescindirlle o contrato.
Unha empresa eólica pretende instalarse en Miranda e os veciños xa contan cos beneficios que lles vai reportar. Don Amador, pídelle a Camilo que interceda para que lle merquen as súas terras, a cambio él llo sabrá agradecer desde o púlpito cando cheguen as eleccións. Satisfeito por conseguilo, o crego presume ante Alfonso, pero levará unha gran sorpresa porque ó vello veterinario páganlle moito máis por unha leira máis pequena ca del.
Felisa, prohíbelles xogar ó fútbol na rúa e requísalles o balón que garda nun soto. Os rapaces asaltan o lugar, pero levan un gran susto.
Silvino decide confesa-la súa culpa no colexio de veterinarios, Carmela moi agradecida, non o considera necesario pois pensa que o expediente resolveráse igualmente; sen embargo equivócase e a inhabilitan por un ano.