Miguel, o dono dunha granxa de cabalos, irrompe na vida de Antón e Carmela. Semella estar interesado na veterinaria. Antón sofre un ataque de celos, pero Carmela ten maiores preocupacións: a súa nai acaba de morrer.
Por fin vaise celebrar a inauguración oficial da Mediateca. O rango da autoridade encargada de oficiar o acto vai minguando a pasos axigantados: nin os duques de Lugo, nin o presidente da Xunta..., Camilo é o encargado de organizar o aconcemento, pero a bebida quítalle tempo, humor e concentración. O único xeito para que deixe de beber é que Fuco regrese a casa.
Alfonso e Amador gábanse das súas falcatruadas históricas diante dos nenos. Brais e Froilán propóñense superalos e fano a conciencia: botan pastillas laxantes para os animais nas bebidas da inauguración da Mediateca.