Carmela non está disposta a que a casa Carballo siga sumida no caos. Gastan demasiado, e ninguén colabora nas tarefas domésticas, non falan coma unha familia... Inspirada nun sistema de organización agrícola decide pór en marcha un plan de reestructuración do fogar. Impón unha serie de normas: hora de convivencia, menú diario para aforrar... O resto da familia non está moi de acordo e poñen en marcha, en segredo, un plan alternativo para que as cousas volvan a estar coma antes. A xubilación comeza a pasarlle factura a Alfonso. Está canso e aburrido. Mucha recoméndalle que busque algo no que ocupa-lo tempo. Alfonso decide traballa-la horta e plantar pementos. Mucha está de acordo e comprométese a facer un prato especial para eles. Cando Amador se decata, esperta nel a vea da competitividade e ponse a traballar na súa horta para sacar mellores pementos ca seu vello rival. Fuco está metido en problemas, debe diñeiro a unha xente pero non quere pedir axuda a ninguén. Metralla decátase do a