Metralla está ó cargo do Barbería e todo volve á normalidade ata a aparición de Carmucha, a curmá de Eladia e Virtudes, que ven a ocuparse do negocio. Nada máis chegar pon na rúa a Metralla. Muller de cidade, tenta impoñe-los seus costumes pero non todos están de acordo. Finalmente, Amador convéncea para de que contrate a Metralla e de que sexa máis transixente se querer conserva-lo negocio. Carmela e Silvino seguen traballando por separado. Volven a rifar e a competir. Non coinciden en diagnósticos, nin en prezos... e os máis prexudicados son os gandeiros. Só cando a vaca de Reme está a piques de morrer conseguen chegar a un acordo. Antón e Suso están enfrontados. Antón deixou o posto de xerente da Cooperativa pero non está de acordo cos métodos de Suso, e Suso non está disposto a que Antón lle diga o que ten que facer. Convocan outra vez unha asemblea para elixir ó novo xerente.