Carmela vai á feira de gando a examina-lo boi; alí coincide con Antón. Carlos comete unha indiscrección e os nenos entéranse de que van deixar Miranda. Brais non quere irse. Bea cóntalle a Fuco que marchan. Alfonso e Silvino van visitar a Servando no psiquiátrico, alí un compañeiro faise pasar por médico e dílles que Servando pode regresar a Miranda; Servando regresa entre a alegría de todo o pobo. Fuco cóntalle a Metralla que quere descubri-las cousas por él mesmo. Carmela fala con Carlos dos nenos, atópase con Antón que tamén está falandopor teléfono con Lisa. A Antón estropéaselle o coche e Carmela ofrécese a levalo á gandeiría ecolóxica. Finalmente o coche de Carmela queda atrapado na lama. Servando quere confesar por traizoar a Roque, todos botan de menos a Roque. Fuco enfádase cos outros do grupo. Helena cóntalle que só lles interesa él. Brais e Froilán deciden marcharse ó Pozo, para evitar que Brais vaia a Vigo. Cando se decatan da desaparición dos nenos, chaman a Carmela que es