Carmela está moi cansa e laméntase por non ter o tempo suficiente para atender os seus fillos e o seu traballo. Carlos, o seu ex-marido, ofrécelle un traballo en Vigo. Carmela escoita a Carlos falar ben dela. Ela comeza a dubidar sobre a súa partida. Fala con Antón e máis Alfonso dese posible cambio. Alfonso non quere que Carmela marche. Silvino decide non seguir traballandocon Carmela e ela pensa en aceptar a proposta de Carlos.
Chema, asistente social de Miranda, preocúpase pola loucura de Servando e faille un cuestionario. Chema dílle a Servando que Roque non existe. Pensa que debe ingresar nuncentro psiquiátrico.
Fuco comenta que virá unha representante discográfica a coñecelos e que non pensa desaproveitar esa oportunidade. Helena está interesada en Fuco, pero non no resto do grupo.