O equipo de Miranda perde un partido e está a piques de descender. Ramiro trae un novo entrenador, Oswaldo. Ramiro descobre que é un farsante, pero permítelle seguir co partido. O Fontenova adiántase no marcador. Desde o bar seguen o partido pola radio Eladia, Emilio e Silvino, este no seu mundo. Todo o pobo está moi emocionado co do partido. Oswaldo explícalle a Ramiro e a Antón os seus motivos para facerse pasar por outro. Quere contar a verdade no bar, pero Ramiro inventa unha mentira para non descubrilo.
Marisa proponlle a Silvino saír algún día e saen a pasear. El pídelle un bico pero ela non llo dá.
Os nenos descobren un niño con ovos. Carmela prohíbelles tocalo. Alfonso cóntalles que as víboras cómense os ovos dos niños. Brais vixía os ovos, pero desaparecen e disgústase porque os comeu. Marisa e Silvino atópanse con Brais e Silvino consola o neno con moita tenrura. Marisaqueda moi sorprendida pola sensibilidade de Silvino.