Emilio e Reme visitan o cemiterio e ela sospeita que o seu home gastou os cartos que lle dera para mercar o nicho soleado, ao carón dos seus familiares. Efectivamente, Emilio non o mercara e chama inmediatamente a Ramiro, o alcalde, para conseguilo. Pero este lle conta que é de Servando, que o mercara para "Roque".
Marisa está desesperada porque non atopa un home que a queira. Alfonso cre que Antón está namorado de Carmela, a pesar de saír con Lisa. Carmela fai unha visita veterinaria pola noite na casa de Miguel, o da Morocha, quítase o xersei por despiste e quédase espida diante dos dous gandeiros.
Emilio pídelle a Amador que convenza a Servando para que lle deixe comprar o nicho, pero non consegue nada. Reme descobre que o nicho non é deles.
Todo Miranda enterouse do "striptease" de Carmela. Brais peléxase no colexio por defender a súa nai. Carmela é obxecto de comentarios e moitas burlas.
Marisa móstrase algo interesada por Silvino.