A noticia corre como a pólvora por Miranda: Suso ligara. Pero os amigos do gandeiro non confían nas intencións da muller. Todo se complicará cando Suso descubra que Aurora aínda está casada, e, que o seu home é capaz de calquera cousa para que non o abandone. Pola súa parte, Metralla, dada a mala situación pola que atravesa o Mirandés, decide poñer un bote, para dar un empurrón ó equipo da comarca; pero o diñeiro, gardado nunha caixa no Chopenhauer, un día, desaparece... Mentres tanto, Jessica e o seu pai visitan Miranda. Alfonso e Mucha están felices coa visita, aínda que só van a fín de semana. Sen embargo, a parella pregúntase polo motivo dunha visita tan breve.