Está próxima a Noiteboa, e don Amador anda preocupado porque a representación do Belén vivinte non resulte un desastre como a do ano anterior. Silvino quere facer de San Xosé porque Marisa representa a Virxe María. O elixido é Suso, pero os seus aires de divo fan que prescindan del e recurran a Silvino. A representación do Belén vivente ante un delegado de Cultura que a vai xulgar resulta un desastre moi divertido.
Servando marcha á Coruña e pídelle a Andrés que lle mire pola vaca. O pai de Bea e Brais primeiro decepciona os seus fillos decindo que non vai ir pasalo Nadal con eles, pero acaba dándolles unha sorpresa.
A celebración da Noiteboa na casa dos Carballo ten fama en toda Miranda e a ela acoden todos os anos Andrés e don Amador, pero, este ano, Lisa adiantárase invitando a Andrés. Por outro lado, Brais e Froilán agochan o parrulo para evitar que o tío Alfonso o sacrifique. Alfonso, aconsellado por un misterioso afiador que parece coñecer moi ben as xentes de Miranda, accede a i