Silvino aparece colgado dunha árbore, boca abaixo e amordazado. Non o mancaran pero, algo faría para que lle deran tal escarmento. Os veciños andan pendentes das andanzas do matachín, xa que sen ter un can nos petos, permítese o luxo de rexeitar todo traballo que lle propoñen, dí ter un negocio moi importante entre mans. O carteiro de Miranda, cronista oficial da vila, daranos a explicación. Mucha está celosa de María, a nova veciña de Miranda, porque cre que Alfonso lle fai demasiado caso. Pola súa parte, María espera nerviosa unha chamada dos seus xefes, pois deles depende que poida quedar na vila con seus avós. Descubriremos que é o que levou á moza á vila. Por outra banda, a Servando e a Roque - o seu amigo invisible - tócalles a lotería, gracias a un cupón que lles regalara Silvino.