A voda de Alfonso e Mucha é o acontecemento máis importante dos últimos tempos en Miranda, polo que todos os veciños queren colaborar. Mucha ten que pasar o trago de decidir, entre Silvino e Metralla quen dos dous a vai levar ó altar.
Unha vez decidido que será Metralla, encárganlle que leve os aneis, un deles lembranza familiar de Alfonso. Despois da suposta perda destes, desencadéanse unha serie de infortunios: Camilo que ía cantar na igrexa, queda sen voz; Ana, a encargada das flores, leva unha especie que a Mucha lle provoca alerxia; o vestido que lle tiñan que enviar súas curmás, semella terse perdido no correo; o ensaio da cerimonia é totalmente penoso e por riba Suso, pensa que o Ave María que ten que cantar non é o clásico senón o de Bisbal.
Será Silvino quen teña que poñer fín á maldición, recoñecendo que él tiña os aneis, que os rapaces roubaran para que puidera ir de padriño, pero semella que os perdera ó ir atender algunha urxencia. Convénceos para que sigan a cerimonia, pr