Alfonso deixa en mans de Mucha a organización da voda. Ésta aconsellada por Amador organiza a cerimonia pola igrexa, convencéndoa que cando Alfonso teña todo organizado, non será quen de negarse.
Cando Mucha lle vai dar a data da voda e das amonestacións, Roque interrompe e fai confesar a Alfonso que nunca casaría pola igrexa. Mucha, arrepentida está disposta a facer o que sexa por pasar o resto da súa vida ó carón do veterinario.
Fani, non asimilou aínda o diagnóstico do xinecólogo, teme que un neno adoptado non encha os seus anhelos maternais. Por outro lado, cos gastos que lle orixinara a Mingos o albergue, teñen moi complicado iniciar unha convivencia xuntos. As paranoias de Fani chegan a tal punto, que pensa que entre o mozo e Ana hai unha relación sentimental. Estas sospeitas levaranos á maior crise da súa relación que terán que superar.
Bea entérase de que Silvino sacrificou un cocho sen insensibilizado, práctica habitual do matarife, que ela considera cruel e ademais é ilegal.