Durante séculos os galegos traballaban o liño nos campos para, xunto coa la das ovellas, confeccionar todo tipo de prendas de roupa, traxes, vestidos, chaquetas, pantalóns, camisas. Mallar o liño para levalo á liñeira e tecer prendas para a toda a familia foi unha constante ata ben entrado século XX, tempo no que as costureiras, as modistas e os xastres comezaron a substituír a confección máis tradicional, arestora con tecidos de procedencia industrial. A primeira fábrica téxtil galega relevante naceu en Redondela vai para cen anos. Confecciones Regojo especializouse en camisas de home e chegou a vender máis de un millón ano ano, usando como reclamo publicitario ao pintor Salvador Dalí. Pasaron os tempos nos que se fiaba nas mercerías ou se releaba nas tendas de confeccións e nos anos oitenta a moda galega púxose á vangarda do deseño con Adolfo Domínguez, Verinno, Florentino, Caramelo e atopou en Zara o referente industrial que combinaba a nova confección coa distribución e coa venda