O deporte galego tivo unha grande evolución nas derradeiras décadas do século pasado. De pequenas xestas anteriores a esas datas, debido a heroicidade duns poucos, chegamos a unha etapa chea de éxitos a nivel nacional e internacional. O punto de partida foi a aposta polas bases e o deporte de alto rendemento. Agora, Galicia sitúase na punta de lanza do deporte español con figuras mundiais na vela, piragüismo ou atletismo, con especial protagonismo para as mulleres, que irrumperon con forza nestes derradeiros anos.