Desde que comezou o cinema en Galicia, alá polo ano 1916 coa gravación e proxección da película Miss Leyva, ata ben entrado o século XXI, o audiovisual galego tivo momentos de baixa produción e momentos de gran esplendor. Nos anos oitenta foi Chano Piñeiro o pioneiro recuperador da ficción audiovisual coa curtametraxe Mamasunción e coa longametraxe Sempre Xonxa. O nacemento esa mesma década da Televisión de Galicia supuxo o pulo decisivo para os documentais, as series de ficción e as longametraxes que se producían, non soamente en Galicia, senón principalmente en galego. Unha dinámica de produción que impulsou a todo o sector e xerou os mellores profesionais en ámbitos como o da actuación, a dirección ou a creación de guións. Os premios Mestre Mateo e os numerosos premios Goya outorgados as creacións audiovisuais galegas nos últimos tempos, entre eles a película O que Arde, a máis vista en lingua galega en todo o mundo, confirman a posición privilexiada actual do audiovisual nado en