As boticas levan máis de trescentos anos funcionando en Galicia. A máis antiga da que se ten constancia está en Betanzos e unha das de maior sona é a Botica Bescansa de Santiago de Compostela, fundada no século XIX polo doutor Casares, quen impulsou o uso do cloroformo nas intervencións cirúrxicas. De Galicia saíron miles de licenciados trala fundación da facultade de Farmacia na Universidade de Santiago a mediados do século XIX. A primeira muller licenciouse co comezo do século XX, pero despois da Guerra Civil, o número de mulleres presentes nas aulas superou ao de homes matriculados. As vellas fórmulas maxistrais e os específicos preparados oficinais aínda se empregan nalgunhas boticas na actualidade. Zeltia foi a principal industria farmacéutica galega no século XX, tempo no que os grupos investigadores proliferaron na universidade. Actualmente o traballo de Hifas da Terra con cogomelos e as investigacións de Biofarma con moléculas innovadoras axudan a combater principalmente vari