Galicia é unha das rexións máis fértil de España. Un territorio íntimamente vencellado ao verde das súas pradeiras e á riqueza da súa vexetación. Poucos territorios pode haber no planeta onde se dea unha relación tan íntima entre a terra e o agricultor e o gandeiro. Como diría o poeta, o telúrico corre polas veas do labrego, o gandeiro galego onde o medio ambiente o condiciona todo, dándose unha intensa reciprocidade entre xeografía e formas de vida. Na actualidade estamos a falar xa da Industria catro punto cero, aplicada ao agro e á gandeiría tamén chamada industria intelixente e considerada xa como a cuarta revolución industrial que consiste na introdución das últimas tecnoloxías dixitais para acadar unha maior automatización coa robótica, conectividade, globalización e interconexión de máquinas