Con máis de cincocentos anos de historia conta a universidade galega, que xudiu en Compostela polo impulso do arcebispo Alonso III de Fonseca. Naceu con tres especialidades, Arte, Gramática e Teoloxía, pero ben pronto incluíu Medicina e Leis. Durante séculos o saber estaba restrinxido ás clases nobres e burguesas. Tamén co paso do tempo aumentou o número de especialidades e o de alumnos, incluíndo ás mulleres, que non se incorporaron oficialmente ata finais do século XIX. Santiago duplicou o seu campus, con Lugo e xa no 1989 naceron dous campus máis, o da Coruña e o de Vigo, con distintas sés. A vida universitaria de principios do século XX está ben recollida na novela e na película A Casa da Troya, e pouco mudou durante moitos anos, tempo no que ducias de miles de estudantes ateigaron a cidade de Santiago que foi alcumada a “cidade estudantil”. Hoxe en día as tres universidades galegas combinan docencia con investigación, o que lles permite incluso ser pioneiras no descubrimento de f