Xurxo Prieto converterase na nova estrela do Francisco Balmis por un vídeo en que a actriz Vera Dávila lle dá un bico, polo que agora os rumores que apuntan a unha relación entre o doutor Prieto e a actriz inundarán todos os recunchos do Balmis. Por outra parte, Losada segue a facer das súas no hospital, e a investigación que leva a cabo sobre a morte de Marcos estalle pasando factura á súa saúde, como demostra o seu esvaecemento na cafetería. Coma o seu cardiólogo, Sabih recoméndalle que deixe de xogar aos detectives, pero Losada négase en rotundo.