Nesta nova entrega, a aparición do corpo sen vida de Marcos alterará a vida do Francisco Balmis, sobre todo cando levan a Xurxo para tomar declaración na comisaría. Por outra banda, Henrique, o novo xefe de cirurxía cardiotorácica, sorprende a Sara e a Lois cando lles confesa que el non opera. O que estes non saben é a causa: un lamentable suceso ocorrido en Siria, o seu último destino, deixoulle un trauma que lle impide operar e que só é capaz de mitigar con alcol.