Achégase o final Aos axentes Marga Neira e Diego Bazán aínda lles queda un novo caso que resolver antes de marchar de vacacións, o máis insólito de cantos pasaron pola súa demarcación. Para os axentes esta será a investigación máis delicada, xa que o culpable é, con toda certeza, alguén de Serramoura. Recapitulamos sobre o último reto asumido polo posto da Garda Civil da vila, o do secuestrador do manequín. Coñeceremos da man dos actores protagonistas, por onde van ir os tiros nas últimas e emocionantes entregas da serie. Lucía Regueiro e Miguel Blanco explican como lles afectou a Marga e a Diego este último caso, adiantan o que os ocupa nos últimos episodios e aclaran como pode evolucionar a relación entre os dous axentes, se só son compañeiros de traballo ou hai algo máis. As invervencións de Antonio Mourelos (Evaristo), Monti Castiñeiras (Santos), Sabela Arán (Gloria), Miguel Canalejo (Quique), Alfonso Agra (Tomás), Chechu Salgado (Román) e Isabel Naveira (Raquel) dan pistas sob