O carteiro da vila atopou o corpo sen vida de Antón, un dos mestres máis queridos e que, casualmente, foi profesor de Filosofía de Quique. Como os sarxentos Neira e Bazán están ata arriba de traballo, será o propio Quique quen se encargue da investigación da morte do docente. Mentres, Gloria trata de refacer a súa vida tras pasar por segunda vez pola terrible experiencia dun secuestro. A axuda de Marga será vital para ela. Como garda civil e como amiga, será o seu grande apoio para, pouco a pouco, volver sentirse segura.