A investigación da rede de pornografía infantil non fixo máis que complicarse en “Serramoura”. Pero, á parte das vítimas do caso, se hai alguén que está a sufrir é Arturo, o bibliotecario cara ao que se dirixiron todas as sospeitas nun primeiro momento. Diego e Marga teñen agora unha dobre responsabilidade: atopar o verdadeiro culpable e lavar o bo nome de Arturo. Pero un novo revés complicará aínda máis a investigación: o secuestro de Vanesa. Mentres, no posto da Garda Civil medran as sospeitas sobre a posible filtración de información aos medios. Nun intento desesperado por controlar a situación, o tenente Penedo chegará a un acordo con Alba, a xornalista que está a interferir nas súas investigacións.