Tomás recibiu unha mensaxe de Elena e cando chegou ao lugar atopouna ferida. Rapidamente Rivas ordena unha investigación para dar co culpable da agresión, e tres nomes non tardan en chegar á lista de sospeitosos: Hugo, Evaristo e Román. Para axudar a complicar as cousas máis aínda, cae unha treboada sobre Serramoura: cortes de luz, árbores tombadas polo vento, toda a vila paralizada.