Rivas recuperou o seu posto de Tenente grazas á confesión de Santos, e Marga e Diego deron aparcado as súas diferenzas e volven traballar xuntos polo ben de Serramoura. Non tardan en enfrontarse a un novo caso. Marga atopou o cadáver de Nicolás Vilaverde, o propietario do picadoiro, e as primeiras pesquisas apuntan a que foi un suicidio, aínda que algo fai sospeitar de que foi asasinado.