A investigación da desaparición de Bieito dá un novo xiro coa aparición dun cadáver no punto exacto en que se enviou unha mensaxe ao teléfono de Bieito. Pero de quen é o corpo? Esa é a principal pregunta que teñen que aclarar no cuartel se queren resolver o caso.Diego ten claro que Toño está relacionado co caso dalgún xeito e non dubida en interrogalo duramente ata que confesa que sabe algo. Pero os problemas non acaban aí. A relación de Marga e Toño non está pasando polo mellor momento, pois á tensión da investigación únese a desconformidade que hai na familia de Toño porque manteña unha relación con Marga e tamén aos segredos que el oculta.