A sarxento Neira xa ten preparado o informe para denunciar a alférez Durán en Comandancia. Diego, pola súa banda, non o ten tan claro, xa que despois de falar con Clara está convencido de que a súa actitude se xustifica polo ben da investigación. Pero toda a tranquilidade do cuartel verase derrubada cando chega a nova de que alguén atentou contra Marga. Mentres tanto, os rusos descubriron que Román é un infiltrado da Garda Civil e Micaela non dubidará en utilizalo para conseguir os seus propios obxectivos.