Secuestrado por unha banda de delincuentes de pouca sona, así se atopa o club de alterne de Micaela, a xefa da mafia rusa en Serramoura. Dentro do local, ademais da dona do negocio, o seu persoal e a clientela, atópanse por diversas circunstancias: Santos, Raquel, Román, Quique e Pancho, que non foi descuberto polos secuestradores no cuarto de baño.