O traslado que tiñan que facer os sarxentos Neira e Bazán non podía saír peor. Os rusos, emboscados, atacaron o coche patrulla mentres Diego intentaba facer fronte aos disparos. Marga fuxirá cara ao monte para protexer a Benigno, pero unha bala perdida fere o sospeitoso nunha perna e a fuxida farase lenta e difícil. A noticia do ataque non tarda en chegar ao cuartel de Serramoura e Tomás pon inmediatamente en marcha un dispositivo para atopar a Marga e a Benigno e asegurar así a súa supervivencia. Tamén chegou aos oídos de Micaela que o seu plan para acabar cos sarxentos non foi efectivo, polo que envía os seus sicarios ao monte para rematar o traballo. Mentres tanto, Evaristo segue co seu plan de entregarlle os montes comunais á empresa de Hugo e Román e non ten intención de renunciar á alcaldía, tal e como lle esixira Micaela. Para a xefa dos rusos a actitude de Evaristo é inadmisible e non dubidará en ameazalo para conseguir os seus propósitos. Pero non é o único problema para M