A familia Osorio agocha máis información da que está disposta a contar e Marga sábeo, pero os seus métodos poden poñer en perigo todo o traballo da Garda Civil. Despois de entrar sen permiso na mansión dos Osorio, Tomás non ten máis remedio que apartala do caso e encargar toda a investigación ao sarxento Quiroga. Marga estará disposta a manterse nun segundo plano? Ao mesmo tempo, Patri e Quique afánanse na preparación do exame de sarxento. Vendo o esforzo da parella de cabos, o xeneral Silgar ofrécese para axudalos e conseguir as respostas do exame. Sen dubidar nin un segundo, Patri non quere aceptar as trampas do seu pai, pero Silgar non vai quedar de brazos cruzados. Mentres tanto, Santos ten en mente un novo negocio: roubar as xoias da familia Osorio, pero para poñelo en práctica necesita un colaborador. Que será o seu axudante?