Hai un novo asasino en Serramoura e no cuartel traballan sen descanso para darlle caza antes de que cometa un novo crime. Pero as pistas que teñen Marga e Roi para afrontar o caso son escasas. Despois de atopar o corpo da Roxa sen o corazón, no cuartel sospeitan que o suceso tamén ten relación co caso de Adela, pero para avanzar na investigación hai que establecer a vinculación entre as dúas vítimas.