Para sorpresa de Tomás e o seu equipo, a presenza de Rosalía no cuartel non tarda en dar resultados e atopa o suposto culpable, aínda que os métodos que emprega para conseguir a confesión do asasinato non son moi ortodoxos. Os asuntos do cuartel non é a única fronte aberta para Roi. A incipiente relación con Raquel vai cada día a máis e nesta ocasión teñen unha nova oportunidade para cear xuntos e coñecerse mellor. Pero Roi ten un segredo que non quere compartir con Raquel e que pode ser un verdadeiro obstáculo para que a relación vaia adiante: as visións da súa filla.