Nesta ocasión, verán como a nova vida de Marga en Serramoura está sendo máis complicada do que ela agardaba. Nunha das carreiras ilegais que acontecen en Serramoura, un dos participantes morreu nun dos accidentes. Para evitar máis danos, Tomás sabe que a competicións deben rematar máis cedo que tarde e pídelle á sarxento Neira que faga todo o posible por deter os responsables. Pero o traballo no cuartel acumúlase. O secuestro de Ponte acabou da peor forma posible. A aparición do seu corpo sen vida no monte deu un novo xiro ao caso e agora Marga e Casares teñen que atopar os secuestradores. Mentres tanto, Marga tamén ten que sacar tempo para poñer orde na súa vida familiar.